Xoán Curiel cantou na presentación d´A Xanela

cartazcuriel_11

O pasado sábado 20 de xuño tivo lugar na sala Azul do edificio Arquivo do Reino a presentación do número 27 da revista cultural das Mariñas, A Xanela, editada semestralmente pola Asociación Cultural Eira Vella, que se entregou ao público asistente.

Logo das palabras de presentación, a cargo do coordinador da revista Xesús Torres, tivo lugar un concerto do cantautor Xoán Curiel, músico nado na Fonsagrada en 1975 e residente dende hai anos en Santiago de Compostela.

Xoán Curiel lembrou ao longo do seu recital a súa etapa como viciño de Betanzos na súa adolescencia e tamén a súa actuación na presentación doutro número anterior da Xanela, hai case oito anos, cando estaba comenzando a súa carreira musical.

Interpretou varios temas do seu primeiro disco “Nai”, gravado o pasado ano e divulgado no Brasil e Franza con varios concertos, así como outros temas ben propios ou versionando os doutros autores.

O cantautor buscou e logrou a participación do público asistente en diversos momentos do recital que se prolongou durante case unha hora.