Uxío Novoneira

Como ben saberedes, este ano 2010 o Día das Letras Galegas estará adicado ao poeta Uxío Novoneira, o poeta do Caurel. Quixemos lembralo cun fermoso poema que adicou a Betanzos.

POEMA DOS CANEIROS
Betanzos, 1955
MANDEO inorde ó son da noite.

As ondas do río devalaban lenes
levando as barcas soltas pro infindo do mar i a noite.
Sobor das barcas:
as mulleres! o viño! as viandas!

As ondas do río devalaban lenes
levando as barcas soltas pro infindo do mar i a noite.

Comemos e bebemos pra ledicia.

As ondas do río devalaban lenes
levando as barcas soltas pro infindo do mar i a noite.

O viño i as viandas érguenme á lua chea.

As ondas do río devalaban lenes
levando as barcas soltas pro infindo do mar i a noite.

Cando o viño roxo que non perde a coor no cor
xa non abondaba a nosa sede
chegámol´os beizos a vasos máis fondos.

As ondas do río de levalaban lenes
levando as barcas soltas pro infindo do mar i a noite.

As mulleres eran verdadeiras como o viño.

As ondas do río devalaban lenes
levando as barcas soltas pro infindo do mar i a noite.

A medida que o tempo pasaba alongábame da morte.

As ondas do río devalaban lenes
levando as barcas soltas pro infindo do mar i a moite.

No milagre longo coidei seguir nas barcas devalando.

Uxío Novoneira

En: “ Betanzos na voz dos poetas”. 1994