Conferencia Chamoso Lamas

Numeroso público asistiu o pasado venres á conferencia de Felipe Senén sobre Chamoso Lamas, na que destacou a importancia  que tivo na recuperación do Patrimonio Cultural do século XX.

Chamoso foi un dos persoeiros máis comprometidos na defensa, recuperación, e posta en valor da cultura e patrimonio de Galicia; efectuando un riguroso e amplo estudio, que abrangue diferentes campos , dende a arqueloxía, a historia da arte, a etnografía, os conxuntos histórico-artísticos galegos…

Conferencia Manuel Chamoso Lamas o 23 de abril

O vindeiro venres 23 de abril ás 20,30 horas no Edificio Arquivo (Liceo – Sala Azul) está programada a conferencia : “Manuel Chamoso Lamas e o Patrimonio Cultural de Galicia no século XX” a cargo de Felipe Senén.

14 de abril

Lembramos ás vítimas betanceiras do 36 perante a placa no Museo das Mariñas.