Charla-Coloquio o día 4 de xuño.

 

O vindeiro venres  4 de xuño terá lugar a charla coloquio “As fosas de Aranga. A represión franquista en 1936”, coa participación dos historiadores: Xesús Torres, Eliseo Fernández e Manuel Pérez Lorenzo.

 O acto terá lugar ás 20,30 h na Sala Azul do Edificio Arquivo falarase da represión franquista do 36 e presentarase ao público a investigación, levada a cabo recentemente por un equipo de historiadores , nas fosas de Aranga, en particular, na de Vilarraso.

Participarán na charla os historiadores Manuel Pérez Lorenzo que falará da represión en Sada, Xesús Torres Regueiro da levada a cabo en Betanzos e Eliseo Fernández das realizadas en Aranga.

Este será o comezo doutras actividades que continuarán en Guitiriz o día 5 de xuño e un roteiro polos lugares da memoria o día 12 de xuño.

Organiza a CRMH de A Coruña. Colaboran Eira Vella AC e Roxín Roxal.

Tres momentos da charla…

O próximo 11 de xuño

Está prevista a presentación do novo número da revista “A Xanela”

 e a actuación musical de FUCO XABIER.

…na voz do pobo.

O pasado venres 21 celebrouse o acto Uxío na voz do pobo, dentro da programación da asociación Eira Vella para conmemorar as Letras Galegas 2010.

No emotivo recital participaron  un grupo de rapaces e rapazas, alumnos do colexio Vales Villamarín, que puxeron voz aos versos sobre o Caurel, o lobo, a choiva e o universo de Uxío Novoneyra. De seguido, continou o recital con varios participantes, que seleccionaron un poema para a homenaxe. O acto  rematou coa lectura  da Letanía de Galicia, na que o numeroso público asistente participou.

Na voz do pobo. Recital venres 21 de maio

 Recital poético da obra de UXÍO NOVONEYRA o venres ás oito da tarde no Salón Azul do Liceo.

Letras Galegas

O VENRES 14 DE MAIO, ás 20,30 h. terá lugar a Conferencia de Anxo Tarrío sobre Uxío Novoneyra, na Sala Azul do Edificio Arquivo .

Abaixo un momento da conferencia sobre Uxío, na mesa  presentando o acto Gabriela Rodríguez e á súa dereita  o ponente Anxo Tarrío.