Presentouse Espertar…

…onte presentouse no edificio Arquivo de Betanzos o libro “Espertar” de Lino García e Helena Robledo. O acto estivo presentado por Gabriela e nel interviron Xabier López, autor do prólogo, e os autores. O numeroso público que encheu a sala tamén disfrutou dunha mostra da arte poética e fotográfica de Lino e Helena a través da proxección dun vídeo. Un libro para “ler e ver”, que combina verbas e imaxe para amosar unha parte do universo dos seus creadores. Esta obra é o terceiro número da colección Xanela da poesía que edita Eira Vella AC.
A continuación, ofrecemos algunhas imaxes do acto.