Os libros prestados…

É o título da última novela de Xabier López López que se presentou 0nte, 17 de setembro,  en Betanzos. O autor estivo acompañado no acto por Carlos Lema, polo escritor Santiago Jaureguízar e Gabriela Rodríguez, presidenta da asociación.  O público asistiu ó intercambio de impresións e comentarios sobre a novela por parte dos participantes na mesa.  Unha novela centrada na relación que nós temos cos libros, facendo referencia ao propio título,  que  ben podería ser as vidas prestadas,  segundo verbas do seu autor. Dende a asociación queremos darlle os  nosos parabéns a Xabier.

Consultar reseña sobre o libro.

Enlace ao blogue de Galaxia, no que o autor realiza anotacións durante este mes sobre “Os libros prestados”.

O 17 de setembro preséntase…

O venres  17, ás 20:00h na Sala Azul do Edificio Arquivo, terá lugar a presentación de “Os libros prestados” de XABIER LÓPEZ LÓPEZ. No acto o escritor estará acompañado por Gabriela Rodríguez, Carlos Lema e Santiago Jaureguízar.