Novo número A Xanela

Xa podedes consultar on-line o último número da revista A Xanela, que xa vai polo número 30!!

presentouse Espertar na Coruña

A presentación da obra tivo lugar o 16 de decembro, na sede da A.C. Alexandre Bóveda. Velaí algunha imaxe do momento…

O acto foi presentado polo presidente de Alexandre Bóveda e a continuación interviron a presidenta de Eira Vella, Gabriela Rodríguez, o escritor Xabier López, autor do prólogo, e Lino García, autor dos poemas do libro, non podendo asistir desta volta a fotógrafa Helena Robledo co-autora do libro.

presentouse a Xanela 30

O pasado 11 de decembro presentouse o último número de A Xanela. Desta volta, o acto contou coa actuación  do grupo de jazz “Juan Carlos Casal Jazz trío” que ofreceu unha mostra da súa música ao numeroso público asistente  no auditorio da Aula de Cultura.
 

Na prensa: “Eira Vella adica o número 30 da revista A Xanela ao compositor Carlos López García-Picos” en Betanzos y su Comarca (Xan, 2011- ligazón ao pdf na imaxe).