5 xullo: As fontes no concello de Betanzos

O vindeiro xoves día 5 de xullo  ás 20,30 h, presentarase AS FONTES NO CONCELLO DE BETANZOS de Antón García e Xesús Torres.

O acto terá lugar na Sala Azul do Edificio Arquivo.

Agardámosvos!

…este venres inauguramos exposición. Carmen Sendón

A ARTISTA.
A pintura de Carmen Sendón amosa una explosión de formas e cores que xurden do seu amor pola Natureza e da necesidade de comunicarse co entorno.
O bosque, os rios, a praia, o mar … perviven na súa obras, loitando contra os atrancos que ás veces atopa no percorrido, e sempre na compaña dos amigos que dan voz aos lenzos e axudan ao desfrute das xornadas de lecer compartidas.
Da man de Elena Piñeiro, nos comezos, de Paula Rego e Ladislau da Regueira logo, acode aos Estudos de Expresión Pictórica, participando en obradoiros e cursos que contribúen a ampliar os seus coñecementos e noutras facetas artísticas como o mundo da cerámica, con Daniel Pexegueiro e Rosa Jove, e o do vidro.
A ansia de compartir as súas experiencias lévana a dirixir cursos e obradoiros en asociacións artísticas e culturais, centros de ensino e mesmo na Facultade de Humanidades de Ferrol.

EXPOSICIÓNS.
Dende o 2003 ven expoñendo anualmente en diferentes concellos da comarca: Valdoviño, Narón, Neda, Pontedeume, Cedeira, Miño, Mugardos e Centro Cultural Carvalho Calero, Casa das Palmeiras, Real CoroToxos e Froles, Casa da Muller, de Ferrol.
Ten participado en exposicións colectivas: Museo do Humor de Fene, Ares, no Centro Cívico de Caranza e no Casino Ferrolán.
No 2007, un proxecto multidisciplinar levaraa ate Berlín como participante na modalidade de escultura mariña.
No 2008 e 2011, colabora na pintura-mural “A Ría na Rúa” en Ferrol.
Acadou premios e mencións no Concurso de Pintura “Bello Piñeiro” e Clube Naval na súa cidade.

Visita o seu blogue AQUí

9 de xuño…chega a Xanela 33!