Martes, 31 de xullo. Inauguración de Querido Balbino.

Quedades invitados a compartir con Neira Vilas a inauguración da exposición QUERIDO BALBINO. O acto celebrarase o vindeiro martes 31 de Xullo, ás 19:00 h.  na Sala Azul do Edificio Arquivo.  De seguido, poderemos visitar a exposición na compaña do autor de “Memorias dun neno labrego”.
Agardámosvos.

Aprázase a presentación da exposición!!

A presentación programada para o martes 24 de Xullo para as 19,30h. queda aprazada. 

Neira Vilas en Betanzos

O martes, 24 de xullo, ás 19:30 horas no 2ºandar do Edificio Arquivo (Liceo), o escritor Xosé Neira Vilas achegarase a Betanzos para presentar na cidade a exposición que celebra os 50 anos da publicación do libro Memorias dun neno labrego.

Neste mes de xullo e agosto, no horario habitual de exposicións, poderá ser visitada por quen queira achegarse a lembrar a Balbino e ao seu creador.

Onte presentamos As fontes no concello de Betanzos