Visita á exposición…

O pasado sábado 8 de setembro visitou a exposición “Querido Balbino” o antropólogo Tadashi Yamamoto, que está a traducir ao xaponés as “Memorias dun neno labrego”. Estivo acompañado da súa dona Kazumi e do xornalista vilalbés Moncho Paz, director de “A Voz de Vilalba”.

…unha pequena mostra do traballo destes meses…

Presentación de Letras de Amor e Guerra

 

Presentación do libro de poemas “Letras de Amor e Guerra” de Ramiro Vidal Alvarinho o vindeiro sábado día 15 de setembro. Agardámosvos na Sala Azul do Edificio Arquivo (Liceo) ás 20:30 h.