Presentación en Sada…

Presentouse en Sada o libro das fontes de Betanzos

 

Da man da A.C. Irmáns Suárez Picallo, presentouse o pasado día 24 na Casa da Xuventude de Sada o libro “As fontes  no concello de Betanzos”, que foi editado meses atrás pola Asociación Cultural Eira Vella e presentado tamén na cidade betanceira.

 

No acto interviron os autores, Antón García González e Xesús Torres Regueiro. Ao remate falaron tamén os mestres Xosé Seoane e Francisco Pita (presidente da entidade organizadora) arredor de experiencias educativas que realizaron sobre as fontes de Sada e Culleredo, respectivamente.

 

Presentación en Sada de “As Fontes no Concello de Betanzos”

O vindeiro xoves 24 presentarase en Sada o libro que editamos sobre 
“As fontes no concello de Betanzos”, de Antón García e Xesús Torres.
O acto celebrarase na Casa da Xuventude ás 8 do serán.

…sobre A Xanela

Recibimos a notificación da Deputación de A Coruña confirmando a solicitude de Axudas 2012, para a publicación das Xanelas números 33 e 34.

Vaia o noso agradecemento a esta resolución, que nos permite tamén a edición doutro libro que temos previsto.