A feminina esencia… Do 1 ao 14 de maio

Convidámosvos a visitar a exposición “A feminina esencia” da artista NIEVES CASTRO LARA  que terá lugar na Sala de Exposicións do Edificio Arquivo do 1 ao 14 de maio. A exposición contará tamén con tallas e esculturas de MARCELO VILLALBA.

Horario de visita:

19:00-21:00h. De Luns a Venres

12:00-14:00h. Sábados e Domingos

Imaxes da homenaxe do 14 de abril

O pasado 14 de abril  realizouse a homenaxe ás vítimas betanceiras da represión franquista.

 

Deixamosvos algunhas imaxes do acto!!


Imaxes: Foto Arume.

venres 26 de abril…presentación de “melíflua moradía”

Presentación de “Melíflua Moradía” poemario de Lino García Salgado o vindeiro venres 26 de abril, a cargo de Manuel López Foxo. O acto terá lugar na Sala Azul do Edificio Arquivo ás 20:00h.

Agardámosvos!

imaxes da proxeccióndos documentais…

Unha das actividades programadas neste mes de abril foi o Cine da Memoria, coa proxección dos documentais “A guerra dos avós” e “O segredo da Frouxeira” de Xosé Abad.

 

 


OFRENDA Á VÍTIMAS BETANCEIRAS

A Asociación Cultural Eira Vella organiza este domingo 14 de abril, aniversario da II República, unha ofrenda as vítimas betanceiras da represión franquista de 1936-1939 diante da placa que esta entidade colocou en 2007 na entrada ao Museo das Mariñas, réplica da existente no Centro Betanzos de Buenos Aires e que recolle os nomes de trinta e tres vítimas.

O acto literario-musical terá lugar ás 12 da mañá e enmárcase nas Xornadas da Memoria que esta entidade veu desenvolvendo nos pasados días con proxeccións cinematográficas e a el están especialmente convidados os familiares das vítimas.

Páxina seguinte »