Imaxes da presentación de A Xanela

Este sábado 19 presentamos A Xanela…

Screenshot_2015-12-15-00-02-56-1

Presentación do poemario Terra Fría. xoves 19

Este xoves 19 convidámosvos ao recital de MIGUEL A. MATO FONDO, para presentar o seu poemario TERRA FRÍA.

O acto terá lugar ás 20,00h. na Sala Azul do Edificio Arquivo.

terra fría_portada

Miguel A. Mato Fondo naceu en Ponteceso no ano 1953. É profesor, escritor e crítico literario. Participou no colectivo poético “De amor e desamor” e é autor das seguintes obras:

Poesía

-O whiskey na barrica. (2004)

-Antoloxía. (2005)

-Terra fría. (2015)

Ensaio

-A mazá e a cinza. (1991)

-A escrita da terra. (1998)

-Señardade da luz (A obra poética de Manuel María). (2011)

-Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro. (2011). Narrativa -Xope de Lilaina. (2005)

Ademais ten participado en diversas obras colectivas e responsabilizado de diversas edicións.

letras galegas 2014

Eira Vella, que comezou as súas actividades em 1993 cun acto homenaxe “Lembrando a Díaz Castro” e celebrou os seus vinte anos o pasado 2013 con outro acto dedicado a este poeta tan vencellado a Betanzos, conmemora as Letras Galegas 2014 dedicadas xustamente a Xosé María Díaz Castro cun acto doble a celebrar o vindeiro venres 23 de maio na Sala Azul do Edificio Arquivo. Constará dunha conferencia de Armando Requeixo sobre “Xosé María Díaz Castro. Entre Nimbos e Sombras radiantes” e da proxección do documental “O instante eterno”, realizado arredor do poeta e dirixido por Xosé Antón Cascudo.

Armando Requeixo, profesor e crítico literario destacadoven estudando dende hai tempo a vida e obra de Díaz Castro e recentemente presentou a súa Tese de Doutoramento arredor do autor de “Nimbos” e publicou asimesmo o libro “Xosé María Díaz Castro. Vida e obra” (Edt. Galaxia, 2013).

Xosé Antón Cascudo (Guitiriz, 1976), Licenciado en Historia da Arte e Comunicación Audiovisual, Master en Sociedade do Coñecemento e Técnico Superior em Fotografía Artística., é o director do documental “O instante eterno

 

 

falan de nós…

Artigo de Criticalia sobre Historias de Icía e a avoa.

« Páxina anteriorPáxina seguinte »