Presentación do novo número de A Xanela

Este sábado disfrutaremos da presenza de Uxía para darlle a benvida ao número 41 de A Xanela.

Agardámosvos!

Screenshot_2016-06-21-10-59-12-1-1

Imaxes da presentación de A Xanela

presentamos un novo número de a xanela


Angeles Dorrio acabou por converterse nun referente da música galega e nunha das máximas expoñentes do jazz e soul coruñés. Tras unha dilatada carreira polos escenarios galegos, nos que participou en diferentes proxectos como Vocal Secrets unha das súas primeiras incursións na música, pasando por apostas atrevidas e innovadoras como Vennue Connection. Nestes anos Angeles non se apartou un intre da esfera musical herculina, renovándoa a través da súa participación en distintos proxectos vocais como Gospel 3, Ejazz, ou Sisters in the House, sen deixar a un lado a súa labor docente como mestra de canto. A estas alturas xa se botaba en falta unha incursión en solitario no mundo da música e Angeles Dorrio consciente diso, deixounos este agasallo que podemos levarnos á casa, sen ter que limitarnos como ata o momento a repasar o seu talento revivindo as melodías mentalmente tras o final dun concerto. Ten Soul é a súa proposta. E esta chega tras un período de maduración e reflexión. Angeles ofrécenos o seu sentir musical en dez cortes, oito deles con letra en inglés, pero sen esquecer as súas orixes o galego aparece nos temas “Vello Espello” e “Eu non sei”. (X.L. Sobrino, in A Xanela nº 37)

Venres 13. Presentamos un novo número de A Xanela

E xa chegamos ao número 36 de ” A Xanela. Revista Cultural das Mariñas”, que sae hoxe á rúa. A presentación terá lugar na Sala Azul do Edificio Arquivo. Contaremos, nesta ocasión, coa actuación musical do cantautor Xoán Curiel.

Agardámosvos!

 

Sábado 15 de xuño. Presentación de a Xanela

Convidámosvos este sábado ao recital do cantautor TINO BAZ, co motivo da presentación no número 35 de A Xanela. O acto terá lugar na Sala Azul do Edificio Arquivo, ás 20:30 h.

 


Páxina seguinte »