Letras Galegas

O VENRES 14 DE MAIO, ás 20,30 h. terá lugar a Conferencia de Anxo Tarrío sobre Uxío Novoneyra, na Sala Azul do Edificio Arquivo .

Abaixo un momento da conferencia sobre Uxío, na mesa  presentando o acto Gabriela Rodríguez e á súa dereita  o ponente Anxo Tarrío.

Conferencia Chamoso Lamas

Numeroso público asistiu o pasado venres á conferencia de Felipe Senén sobre Chamoso Lamas, na que destacou a importancia  que tivo na recuperación do Patrimonio Cultural do século XX.

Chamoso foi un dos persoeiros máis comprometidos na defensa, recuperación, e posta en valor da cultura e patrimonio de Galicia; efectuando un riguroso e amplo estudio, que abrangue diferentes campos , dende a arqueloxía, a historia da arte, a etnografía, os conxuntos histórico-artísticos galegos…