Martes 14 de abril

Screenshot_2015-04-12-00-28-03-1

Imaxes da homenaxe do 14 de abril

O pasado 14 de abril  realizouse a homenaxe ás vítimas betanceiras da represión franquista.

 

Deixamosvos algunhas imaxes do acto!!


Imaxes: Foto Arume.

OFRENDA Á VÍTIMAS BETANCEIRAS

A Asociación Cultural Eira Vella organiza este domingo 14 de abril, aniversario da II República, unha ofrenda as vítimas betanceiras da represión franquista de 1936-1939 diante da placa que esta entidade colocou en 2007 na entrada ao Museo das Mariñas, réplica da existente no Centro Betanzos de Buenos Aires e que recolle os nomes de trinta e tres vítimas.

O acto literario-musical terá lugar ás 12 da mañá e enmárcase nas Xornadas da Memoria que esta entidade veu desenvolvendo nos pasados días con proxeccións cinematográficas e a el están especialmente convidados os familiares das vítimas.

Homenaxe ás vítimas da represión franquista



O 14 de abril homenaxe á II República

Asociación Cultural Eira Vella convídate a participar o sábado 14 de abril no acto de homenaxe ás vítimas betanceiras da represión franquista de 1936-1939 diante da placa colocada na súa lembranza á entrada do Museo das Mariñas.
A cita é ás 12 da mañá.

Agardámoste.


Páxina seguinte »