Presentación do novo número de A Xanela

Este sábado disfrutaremos da presenza de Uxía para darlle a benvida ao número 41 de A Xanela.

Agardámosvos!

Screenshot_2016-06-21-10-59-12-1-1

Venres 8. Recital poético do poeta brasileiro Luciano Maia.

Screenshot_2015-12-29-01-09-53-1
O vindeiro venres 8 de xaneiro terá lugar ás oito da noite na sala Azul do edificio Arquivo un recital poético do brasileiro Luciano Maia, que servirá tamén de presentación do seu novo poemario “Aldea lonxana”, editado pola Asociación Cultural Eira Vella e impreso no Brasil por desexo do próprio autor. “Aldea lonxana” inclúe “Dez poemas galegos” escritos na ortografía oficial do galego, ademais doutro medio cento de poemas en grafía portuguesa.
Luciano Maia (1949), avogado, mestre en literatura, membro da Academia Cearense de Letras e cónsul honorario Romanía en Fortaleza, é autor dunha extensa obra poética que abrangue máis dunha vintena de títulos.

Imaxes da presentación de A Xanela

venres 17. presentación de olimpia ring

O vindeiro venres 17 de outubro presentaremos a última novela de Xabier López López “Olympia Ring, 1934”, ambientada na Barcelona de outubro de 1934 e co mundo do boxeo como telón de fondo. O acto terá lugar na Sala Azul do edificio Arquivo ás 20,30 horas con intervención do presidente de Eira Vella, o escritor Antonio M. Fraga e o proprio autor.

2014-10-12-11-31-09_deco

 

 

XABIER LÓPEZ LÓPEZ (Bergondo, 1974) é autor das novelas Biff, Bang, Pow! (1997), Doutor Deus (1999), O caderno (Premio Risco 2001), O mono no espello (Premio Lueiro Rey, 2002), A estraña estrela (2003), A vida que nos mata (Premio García Barros, Premio da Crítica 2003), Trinta e dous dentes (2007), Cando Artur non era rei (2012), 1989 (2013) e Cadeas (Premio Xerais, Premio Fervenzas Literarias 2013), amais do volume de relatos Os libros prestados (2010). Parte da súa obra está traducida para o portugués, o castelán e o catalán.

Presentación en Sada…

Presentouse en Sada o libro das fontes de Betanzos

 

Da man da A.C. Irmáns Suárez Picallo, presentouse o pasado día 24 na Casa da Xuventude de Sada o libro “As fontes  no concello de Betanzos”, que foi editado meses atrás pola Asociación Cultural Eira Vella e presentado tamén na cidade betanceira.

 

No acto interviron os autores, Antón García González e Xesús Torres Regueiro. Ao remate falaron tamén os mestres Xosé Seoane e Francisco Pita (presidente da entidade organizadora) arredor de experiencias educativas que realizaron sobre as fontes de Sada e Culleredo, respectivamente.

 

Páxina seguinte »