5 xullo: As fontes no concello de Betanzos

O vindeiro xoves día 5 de xullo  ás 20,30 h, presentarase AS FONTES NO CONCELLO DE BETANZOS de Antón García e Xesús Torres.

O acto terá lugar na Sala Azul do Edificio Arquivo.

Agardámosvos!

O 17 de setembro preséntase…

O venres  17, ás 20:00h na Sala Azul do Edificio Arquivo, terá lugar a presentación de “Os libros prestados” de XABIER LÓPEZ LÓPEZ. No acto o escritor estará acompañado por Gabriela Rodríguez, Carlos Lema e Santiago Jaureguízar.

presentados en Fene os poemarios de Pérez Parallé

PB200016Na tarde de onte tivo lugar no Círculo Mercantil de Fene a presentación dos poemarios “Mariñanas” e “Cantiga da lembranza” editados pola nosa asociación con motivo do centenario do nacemento de Pérez Parallé.

Interviron Gabriela Rodríguez, presidenta de Eira Vella, e Xesús Torres, coordinador da edición, presentados por José Romero, presidente da entidade anfitriona.

A continuación actuou a rondalla “Estrelecer”, do propio Círculo M. I. “Unidade” de Fene. O acto enmarcouse dentro da XXII edición Premio Xosemaría Pérez Parallé que organiza anualmente a entidade fenense e se entregou no día de hoxe.

O Círculo Mercantil e Industrial de Fene presenta os poemarios de Pérez Parallé

0012aO venres 20 de novembro, a partires das 20:00 h no CÍRCULO MERCANTIL E INDUSTRIAL UNIDADE DE FENE,  terá lugar a presentación dos poemarios de XOSE MARÍA PÉREZ PARALLÉ ” MARIÑANAS” e “CANTIGAS DA LEMBRANZA“,  editadas pola Asociación Cultural Eira Vella.