Chega o Vento Lois

Recitando a Rosalía…

 O acto terá lugar hoxe xoves 24 de febreiro ás 20:00H na SALA AZUL do EDIFICIO ARQUIVO.

Coa colaboración do CEIP Vales Villamarín.

Organizan: Asociación de Escritores en Língua Galega (AELG) e a ASOCIACIÓN CULTURAL EIRA VELLA

…na voz do pobo.

O pasado venres 21 celebrouse o acto Uxío na voz do pobo, dentro da programación da asociación Eira Vella para conmemorar as Letras Galegas 2010.

No emotivo recital participaron  un grupo de rapaces e rapazas, alumnos do colexio Vales Villamarín, que puxeron voz aos versos sobre o Caurel, o lobo, a choiva e o universo de Uxío Novoneyra. De seguido, continou o recital con varios participantes, que seleccionaron un poema para a homenaxe. O acto  rematou coa lectura  da Letanía de Galicia, na que o numeroso público asistente participou.

Na voz do pobo. Recital venres 21 de maio

 Recital poético da obra de UXÍO NOVONEYRA o venres ás oito da tarde no Salón Azul do Liceo.