Presentación do número 29 de A Xanela

O próximo 11 de xuño

Está prevista a presentación do novo número da revista “A Xanela”

 e a actuación musical de FUCO XABIER.

O sábado 12 presentouse o novo número da Xanela.

PC100114O dúo “Cantata Vernácula”, con Suso Vaamonde e Xoán Porto, puxo digno colofón musical, conseguindo que o numeroso público asistente participara activamente das súas cancións. PC100099PC100097

Suso Vaamonde e Xoán Porto na presentación da Xanela

O vindeiro sábado 12 de decembro presentarase o número 28 da revista A Xanela, coa actuación de Suso Vaamonde e Xoán Porto. O acto dará comezo ás 20:00h na Sala Azul do Edificio Arquivo.
cantver

Este número de Outono conta con seccións máis ou menos habituais, como son: Creación, Comic, Letras de Portugal, O noso patrimonio, Toponimia, Memoria do 36, Folclore, Historia, Viaxeiros, Música e Publicacións. Entre os seus colaboradores atópanse Marica Campo, Fernando Díaz-Castroverde, Paulo Martínez Lema, Maxi Rei, Gabriela Rodríguez, Olga Patiño, Xulio Rozados, Víctor Tizón, Sabela Arias, Olaia, Luis Otero, Xosé Mª Veiga, Juan Sobrino, Manuel B. Dans, Xesús Torres, Moncho do Orzán, Manuel Pérez Lorenzo, Felipe-Senén López, Xosé Lois Sobrino, Baraxeiro e os portugueses Idalécio Caçao, Fernando Botto Semedo e Cândido da Velha.

Suso Vaamonde ten acadado diversos premios en certames de gaita galega, entre eles o prestixioso Constantino Bellón (Ferrol). Gravou algúns CDs, como “Danza Prima”, xunto co seu irmán Pepe Vaamonde; “Galicia Terra Única”, con Nani García; “Terrabieita”; “Doce polainas enteiras”; ou “Vellas Artes” co trío Vaamonde, Lamas & Romero. Pola súa banda, Xoán Porto toca a gaita, acordeón, guitarra e bouzouki e ten arranxado temas para o grupo Leilía.

Xoán Curiel cantou na presentación d´A Xanela

cartazcuriel_11

O pasado sábado 20 de xuño tivo lugar na sala Azul do edificio Arquivo do Reino a presentación do número 27 da revista cultural das Mariñas, A Xanela, editada semestralmente pola Asociación Cultural Eira Vella, que se entregou ao público asistente.

Logo das palabras de presentación, a cargo do coordinador da revista Xesús Torres, tivo lugar un concerto do cantautor Xoán Curiel, músico nado na Fonsagrada en 1975 e residente dende hai anos en Santiago de Compostela.

Xoán Curiel lembrou ao longo do seu recital a súa etapa como viciño de Betanzos na súa adolescencia e tamén a súa actuación na presentación doutro número anterior da Xanela, hai case oito anos, cando estaba comenzando a súa carreira musical.

Interpretou varios temas do seu primeiro disco “Nai”, gravado o pasado ano e divulgado no Brasil e Franza con varios concertos, así como outros temas ben propios ou versionando os doutros autores.

O cantautor buscou e logrou a participación do público asistente en diversos momentos do recital que se prolongou durante case unha hora.