Imaxes da exposición dos XX anos

O  pasado martes 17 de setembro inaugurouse a Mostra Documental dos XX anos de Eira Vella.
No acto interveu a presidenta Pilar Vázquez, a vicepresidenta Mariña Longueira leu o poema da ausente Gabriela Rodríguez alusivo aos “XX anos”, e Francisco Pérez Porto pechou o acto cunha intervención musical cantando cancións e romances tradicionais galegos e poemas de Curros e Rosalía.
Entre os asistentes estaban o Alcalde, concelleiros do PSOE, BNG e CxB, persoas do mundo artístico e cultural de Betanzos, libreiros, socios e directivos da asociación, veciños e veciñas.

20 anos…

Velaí as imaxes da primeira das actividades que celebramos este ano para conmemorar o noso aniversario!